Arquivo

Posts Tagged ‘homenaxe a isaac díaz pardo’

Palabras lidas por Xesús Redondo Abuín no acto do II cabodano de Isaac Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca (Santiago)

VAI POR TI, ISAAC

xesus redon abuin

Xesús Redondo Abuín

 

“Se o home consigue diariamente para o seu sustento un codelo de pan e unha pinga de auga fresca, mesmo servida nun vello cántaro cuarteado. ¿por que se poñerá ó servizo de outro? ¿A cambio de que profana o seu ideal, traizoa a súa conciencia e se humilla diante dos demais?”.

Así falaba hai nove séculos Omar Khaiame. Que gran patriarca das letras de todos os tempos. Que gran alma gastaba o gran Omar Khaiame. Non comungaba el cos cátedros nin coas cátedras de educación convencional. Eses cátedros e esas cátedras eran para el baluartes do sectarismo. Os verdadeiros templos do saber para el erfoto homenaxea Isaac Díaz Pardo en Boisacaan as tabernas. As tabernas e as jaimas dos descalzos do deserto. E eu teño para min que ese mesmo era o credo de Isaac. Lonxe estaba tamén Isaac dos dogmas oficiais e lonxe de rendirlle culto ós cartos. Comía coma unha pita. Con calquera cousa pasaba.

A Isaac non o moveu nunca a cobiza que move ós depredadores de plusvalía. O que movía a Isaac era o afán de rescatar a toda costa a memoria dos 150.000 que aínda permanecen en covas ignotas e o afán de enriquecer o patrimonio material e inmaterial dos descalzos de Galicia e de todas partes. A proba está en que o que gañaba como empresario íaselle íntegro como empedernido inconformista da causa dos descalzos. Da causa dos descalzos de Galicia e dos de todas partes. Por iso estou eu hoxe aquí. Por iso estarei mañán e máis pasado mañán. Grazas, Isaac, por non dar a torcer o brazo dos teus pertinentes e pertinaces ideais.