Arquivo

Archive for the ‘Música Xeral’ Category

Concerto da cantautora Olalla Bouzas

Cantautora Olalla Bouzas 

 

Presentación do disco  “Sentimentos da Alma

Galega”da cantautora Olalla Bouzas no Auditorio de

Vilagarcía de Arousa o 05 de abril de 2008.

Olalla lle puxo música a doce temas dos poetas contemporáneos de Galicia como son: X. Neira Vilas, Gonzalo Bouza-Brey, Xesús Alonso Montero, Xesús Rábade Paredes, Manuel Blanco Mariño, Baldomero Iglesias Dobarrio, Daniel Pino Vicente, Manuel Rivas Barros e Sabino Torres Ferrer.

A canción “Desta Terra” de Neira Vilas, lle puxo a música Teo Cardalda e a canción “Madre e Amiga” tanto a música como a letra son de Olalla Bouzas. Desta maneira completa o disco con catorce fermosas cancións. Disco que sairá a venta a mediados deste mes de abril.

 

O post consta de dous vídeos “caseiros” onde a realidade do impactante concerto supera cualitativamente á calidade do vídeo. O primeiro trátase do comezo do concerto  cunha introducción da banda que acompañou a Olalla, a continuación  a canción “Meu Mar ” de Daniel Pino.

O segundo vídeo cun poema de Xosé Neira Vilas “Desta Terra”, cantada a dúo Olalla & Teo Cardalda de Cómplices .

 

 

Actuación na TVG no programa Luar.

Categorías:Música Xeral

Janis Joplin en Woodstock

 

Janis Joplin en Woodstock 

 

 

Sarampelo: Quero lembrar a unha cantante que naqueles anos 60 era un gran “fan”, tanto dela como de Joan Baez. Dúas interpretes que actuaron naquel gran festival de Woodstock, Festival que ata o día de hoxe non se acadou imitar e superar.Daquela época que vivin de xovenciño eran outros códigos, outras visións, un mundo onde todavía as ideas tiñan un importante lugar no imaxinario colectivo. Que gañas me quedou de non poder haber estado naquel gran festival, os problemas en España eran de outra índole, tanto económicos como políticos e de unha maioría de pobreza. 

———————————————————  

Janis Joplin naceu en 1943 en Port Arthur, Texas, onde realizou os seus primeiros estudos. Comezou carreira na Universidade de Texas, onde colaboraba cunha banda chamada ‘Waller Creek Boys’, na que se mesturaba o blues co rock. Por aquel entón xa era preocupante a súa adicción ao alcol. images14.jpg



En 1963 Janis Joplin foise a San Francisco, onde cantaba en locais nocturnos de pouca sonada. Alí afeccionouse ás anfetaminas e os seus amigos devolvérona a casa dous anos máis tarde.

images13.jpgEn 1966 regresou a San Francisco e uniuse á banda ‘Big Brother And The Holding Company’. Fixéronse moi coñecidos na cidade. O prestigió de Janis Joplin creceu, e chegaron a tocar no ‘Monterrey Pop Festival’, o que lles valeu que unha importante discográfica fixásese neles e propuxéselles publicar un disco.

Pronto editaron un disco, o segundo da banda, que se converteu nun gran éxito: ‘Cheap Thrills’.

En 1968 Janis Joplin abandonou o grupo por discrepancias co resto dos membros. O éxito non lles sentou demasiado ben.

En 1969, Janis Joplin deu un paso adiante creando un grupo chamado ‘Janis and the Joplianaires’, xunto ao ‘Big Brother’ Sam Andrew e un puñado de bos músicos. Posterormente cambiarían o nome da banda polo de ‘Kozmic Blues Band’.

Coa ‘Kozmic Blues Band’ gravou un novo álbum: ‘I Got Dem Ol’Kozmic Blues Again, Mama!’, o cal foi recibido con frialdade polo público. Ademais, os concertos en directo eran un desastre. A pesar de que no disco notábase o mal estado de Janis, vítima do seu consumo desmedido de alcol, o disco tiña algunha boa interpretación da vocalista.

A súa fama foise deteriorando aos poucos e comezou a darlle á heroína, que levaría a súa vida por diante o 4 de outubro de 1970, cando faleceu nos Angeles por unha sobredose.

A título póstumo publicouse o último disco no que estaba traballando, ‘Pearl’, que contaba con colaboracións de Kris Kristofferson e de Bobby McGee, ademais dunha renovada ‘Kozmic Blues Band’

 

Categorías:Música Xeral

Lembrando a Dean Read o “Elvis Rojo”


Comezamos o ano de carallo. “Con la Iglesia topaste Sancho”. É o que hai, non temos outra cousa neste país das maravillas celestiais e espirituais. Que os deuses nos collan confesados.
rotoiglesia.jpg

Cousas de “El Roto”


i58661cagle1.gif

 Que o ano 2008 sexa moi bo e con felicidade para todas aquelas persoas que queiran e desexen a paz no mundo, e os sápratas, xenocidas e guerreiros (o trio das Azores) sexan levados aos tribunais internacionais.

Dean Read o “Elvis Rojo” 

 

Fervello: Imos comezar o ano 2008 lembrando a un mozo daqueles anos 60/70 como foi Dean Read, un fervente idealista e sincero revolucionario coa causa que defendía Salvador Allende para América Latina. Agardemos a que o filme de Tom Hanks sexa o máis obxectivo posible para dar a coñecer a este cantante revolucionario ás xuventudes actuais que non se poden durmir nos laurees, que outro mundo é posible, que o gran capital de hoxendía vai rematar co planeta e que tomen conciencia dos seus grandes problemas que cada vez son máis graves, contratos lixo, a vivenda, o medio ambiente , a sociedade de consumo na que están inmersos e o máis grave, o fascismo que chega enmascarado.

—————————————————220px-dean_reed.jpg 

O actor Tom Hanks encarnará no cine ao denominado “Elvis Rojo”, Dean Read, o cantante estadounidense que elixiu vivir baixo o réxime comunista da RDA e abrazou a causa revolucionaria conmocionado pola morte de Salvador Allende.

Hanks pretende empezar a rodaxe da película inspirada nesa figura e que levará por título “Comrad Rockstar” no principio do ano.
Reed, aclamado pola República Democrática Alemá (RDA) como a antítese anticapitalista do Presley de Memphis (EEUU), apareceu morto o 17 xuño de 1986, con 48 anos, no lago a beiras da súa casa, nos arredores de Berlín.
cultur72d.gif 

 

Era alto e guapo e norteamericano, e a principios dos 60 unha das súas cancións de amor sacudiu os charts de dous remotos países suramericanos. Entón Dean Reed naceu de novo. En Chile e Arxentina arrasou entre as mozas, protagonizou películas e foi tapa de todas as revistas. Pero descubriu tamén a miseria, a represión das ditaduras e unha entusiasta vocación política que en poucos anos levaríao a converterse no embaixador musical do socialismo en plena Guerra Fría. En 1986
 

Foi un entusiasta colaborador na campaña electoral de Allende e miliciano no Líbano.




Coñecéuselle como o “Presley Rojo” porque nos seus inicios buscou a fama nunha voz e un estilo similares ao de Memphis.

Nacido en Colorado, en 1938, fíxose soado entre o público da RDA como heroe que renegou de EEUU para abrazar o comunismo.

Aprendeu español no Chile de Allende, logo pasou un tempo en Arxentina, de aí foi á Unión Soviética e logo á RDA.

Volveu a Chile, xa con Pinochet, para entoar cos mineiros un lendario “Venceremos”, en 1983, e estivo entre os ferventes admiradores de Yaser Arafat.

 

Biografía  

 

Categorías:Música Xeral

A Ritmo Tropical en Galicia

A Ritmo Tropical en Galicia

Por primeira vez en Galicia , concretamente en Ordes o día de 15 de xuño, vai actuar unha das grandes bandas de América de música tropical, “El Gran Combo de Puerto Rico”.

Para aqueles que lle gusta a música tropical, lles digo que cando a escoiten a esta banda van quedar ancantados. O digo porque os ecoitei  dúas veces, unha no Poliedro de Caracas e a outra en Curazao; cando comeza o seu ritmo ao pouco tempo case fai levantar aos mortos.

Un dos seus tres cantantes, Charlie Aponte ten algo moi especial que sabe encandilar ao público e anima cantidad.

Se o tempo e as boas vibracións non me deixan de lado, alá esterei  en Ordes a volver a escoitalos unha vez máis.

Ollar uns vídeos  das súas actuacións en Italia e Florida. Nunha desas actuacións subiu á tarima o gran pianista, compositor e guitarista cubano Wylie Chirino.

gran combo

Categorías:Música Xeral

Homenaxe a Zeca Afonso

 

zeca.jpgHomenaxe a Zeca Afonso 

 O día 13 de abril de 2007 a TVG e RTP gravaron no Pazo da Cultura de Pontevedra a gala-homenaxe a Xosé Afonso . Foi emitida pola TVG o día 25 de abril.Por alí pasaron Cantadores do Redondo, Victorino, Luís Pastor, Faltriqueira, Xico de Cariño, Treixadura, Victor Coyote, Joao Afonso, Dulce Pontes, Julio Pereira, Zeca Madeiros, Miro Casabella, Tito París ,Antón Reixa, Uxía Senlle, Janita Salomé, Sergio Godinho, Narf, Jon Luz, Manecas Costa, baixo a dirección musical de Paulo Borges.O programa foi presentado por Carlos Blanco.

Por alí andábamos unha morea de “carrozas”, uns algo calvos e outros cunhas canas como a cor da prata, compañeiros daquelas  fermosas datas. Entre moitos deles  a   Benedicto, Xoán Guitián, Vilas………. 

Non quixera deixar aquí este anaco de introito sen darlle o agradecemento máis sincero ao Zeca, que coido nos escoitarás no alén, polas  súas palabras que nos deixou naqueles días:

“Aproveito esta oportunidade para unha vez máis afirma-la minha grande amizade pola terra e o pobo galego, cos que ao longo dos anos mantíven as mellores relacións, e para manifestar tamén a miña enteira solidariedade coa loita polo recoñecemento efectivo da lingua e cultura galegas como unha das máis ricas da península….. Galicia é para min tamén unha especie de patria espiritual…” (Zeca Afonso)

Non deixedes de ollar tamén un Blog moi importante,”La Zamarra de Gustavo” que da unhas referencias sobre Xosé Afonso e daquelas datas dos anos 70 moi importantes e interesantes, sendo un gran estudioso do tema o administrador deste blog que se chama Gustavo.

Outro blog moi interesante sobre Zeca Afonso é “O que lle falta o tempo”.

Comentario de Benedicto García no seu Blog “Chiscando un Ollo”

Outra ligazón moi interesante onde podedes ollar tódolos vídeos dos interpretes da Gala-Homenaxe A Zeca Afonso, o Blog é: “Calidonia”

 

Vídeo – I –

 

http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=7340717362855795138&hl=es

Vídeo – II –

http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-2607674402825145476&hl=es

Vídeo – III –

http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-4390407537583653562&hl=es

Categorías:Música Xeral

Bruce Springsteen cantando na rúa, 1988

 

Bruce Springsteen cantando na rúa a pelo en Copenhague o 23 de xullo de 1988 

 Este é un vídeo de Bruce Springsteen  gravado por unha moza dinamarquesa cantando cun músico da rúa, seica que Bruce ía dando un paseo e atopouse nunha rúa ao músico e comentoulle se tiña unha guitarra,  deixoulle unha e puxéronse a cantar entre os dous o clásico The River con un público improvisado. Claro, foi no ano 1988, xa van aló preto de 20 anos. ¿Faría o mesmo hoxendía?. Nembargantes o vídeo é unha gozada. 

 

http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-3580552775039848988&hl=es