Inicio > Uncategorized > D. FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS (VILAXOÁN SÉCULO (XVIII E XIX)

D. FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS (VILAXOÁN SÉCULO (XVIII E XIX)


Dº FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS

(VILAXOÁN SÉCULO XVIII E XIX)

D Francisco del Valle-Inclán naceu na casa da Ruanova o 29 de febreiro de 1736, e bautizado o mesmo día na Igrexa de San Martiño de Sobrán.. D Francisco comezou a súa vida académica en Santiago aos 12 anos de idade, concretamente no ano 1747; quizais cando era un cativo algunha relación tivo que ter co entorno de Vilaxoán, en especial cos cregos desta freguesía Gaspar de Señoráns e de D Francisco Padín, coido que tiveron que influír na súa educación primaria para acceder ao ensino eclesiástico que foi determinante na súa vida académica, chegando a ser unha das lumieiras da Universidade Compostelá.

En Santiago estudou dous anos de Artes da escola escotista, e logo Cánones e Leis en 1750, trasladándose a Ávila recibindo o título de Bacharel en Cánones o 29 de xullo de 1753, que consta pola testemuña asinada polo Licenciado D Sebastián Cabrera Coronel que 

fora secretario da Real Universidade de Ávila. Rematando xullo de 1753 regresa a Santiago para recibirse de Bacharel en Leis e axiña sae para Madrid, reside na capital do reino dende 1753 ata 1757 exercendo como Pasante no estudio do Fiscal do Consello de Facenda D Diego Ibar Navarro, que tamén era Presidente do Colexio Imperial de Pasantes de Avogados de Madrid e do Consello da S.M.

Foto D. Francisco-boa

Francisco del Valle-Inclán Santos

A constancia de dúas certificacións, unha do Sr. D Diego Ibar Navarro onde di que asistiu Valle ao estudio e Pasantía, sendo Decano do Colexio de Avogados dos reais Consellos, os catro anos, que o dereito sinala coa maior aplicación e puntualidade, e outra certificación dada polo Presidente e Secretario da insigne Xunta de Pasantes e Avogados de Colexio Imperial da Real Villa e corte de Madrid, onde consta que asistiu a ela os mesmos catro anos, e que fixo de Fiscal e Presidente da Xunta en varias ocasións.

Foi recibido e aprobado para avogado o tres de agosto de 1757, coa facultade de poder exercer este emprego en todos os Tribunais e Xulgados do reino, certificando o Secretario do Rei D Xosé Antonio de Tarza.

No ano 1758 volta a Santiago e fai oposicións a unha bolsa xurista supernumeraria, aprobados o exame e probas xenealóxicas, toma posesión dela o 30 de maio de 1758. Estas probas xenealóxicas eran de información da súa liñaxe, vida de costumes que se facían sobre interrogatorios secretos aos pais e outras persoas dos lugares da freguesía onde nacera. Comezaba coa árbore xenealóxico, despois tiña que presentar partida de nacemento do aspirante a esta bolsa e dos seus pais. Chamaban a testemuñas que xuraban coñecer aos pais, avós e bisavós, tanto pola liña paterna como pola materna, as preguntas ás testemuñas eran: se foran católicos e cristiáns, xamais fora presos, acusados ou condenados pola Santa Inquisición, que non foran mouros ou xudeus, queimados nin sambenitos, reconciliados ou recen convertidos. Que o aspirante non tivera mal contaxioso, sen que xamais se tivera dito que foran da Orde de San Lázaro nin de Santa Marta.

Nun certificado do que fora Secretario de Capelas D Anxo Patiño, asina en 1761 sobre a limpeza de sangue da familia Valle-Inclán pola parte materna que entre outras consideracións di: “que no solo tuvieron las circustancias de legitimidad y limpieza que son precisas, sino que tienen las de una distinguida nobleza de la que goza la casa de la Ruanova”.

O 23 de novembro de 1761, foi electo Reitor por consentimento do seu Colexio de San Clemente de Pasantes (1), por estas datas era Licenciado e asinaba “Lcdo. D Francisco del Valle Santo”. Rexeita o reitorado en 1768, alegando graves ocupacións. Da súa actuación como Reitor, dá fe a obra biográfica de Juan de San Clemente onde asina o limiar como Reitor(2). Nese mesmo tempo o Colexio esixiulle os xustificantes dos gastos, a este arrequecemento, contestou que solicitaba un prazo prudencial para asenta-las contas, transcorrido o tempo fixado, instóuselle de novo para que razoase o investimento de caudais e, aínda que daquela contestou á súa maneira, acabou por rende-las contas que lle pediran, nas que se atoparon unha chea de partidas falsa, quizais por trabucarse ou por pouca legalidade, ata o punto que o ameazaron con tomar disposicións contra a súa persoa.

acta de bautismo de francisco del valle

Acta de Bautismo de Francisco del Valle-Inclán Santos

Quizais as providencias que se tomaron contra el só foron para remediar o feito, nada aconteceu, pois D Francisco seguiu tres anos máis hospedado no Colexio, avinzouse co Reitor Dr. Sebastián Joseph García Pertierra e cos bolseiros. Nestas datas consegue permiso para levar a vivir consigo ao seu irmán Miguel del Valle-Inclán e máis adiante ao outro irmán Xosé Antonio e un sobriño de nome Francisco Rubianes.

Que o reitor Pertierra se congraciara con Valle, sempre foi o seu inimigo, conseguindo expulsalo do colexio e con el aos seus irmáns no ano 1774. Esta expulsión foi por mor dos quebrantamentos da disciplina do Colexio por parte de D Miguel, estudante de vida escandalosa que alborotaba o colexio con gritos de soldados, estudantes e mulleres xogando e bailando no cuarto.Acadou D Francisco que o oidor da Audiencia, Lcdo. Burriel, xirase visita, cun resultado que lle foi favorable. Molesto o Colexio por esta decisión, ao parecer inxusta, recorreu o Colexio, seguíndolle preito que remata a favor de D Francisco.

Dende o ano 1772 o reitor Pertierra non cesaba de desprestixiar en todo o posible a D Francisco, concretamente cando este fora comisionado pola Universidade de Santiago para establecer a Biblioteca Pública, do que daría lugar a unha morea de dificultades, no cal as paixóns desatadas aprazaron o proceso da organización e arranxo da Biblioteca, tendo unha incidencia moi importante o reitor Pertierra de que non se levara a cabo ese gran traballo encomendado pola Universidade ao Sr. Valle.

——————————

catón compostelano

El Catón Compostelano

ALGUNHAS NOTAS SOBRE O COLEXIO SAN CLEMENTE

(1)-O Colexio de San Clemente de Pasantes foi fundado en 1602 polo arcebispo de Santiago D Xoán de San Clemente que o dotara con 30.000 ducados. Comeza a súa vida o Colexio no ano 1630, este colexio case sempre tiña disputas e preitos co colexio de Fonseca, era unha inimizade sen posible reconciliación que,, en certas ocasións revestiu en dureza e agresións persoais ata o punto que as disputas eran a decotío rematando en grandes barafundas nas rúas de Santiago, case sempre por cuestións de asentos procesionais e beirarrúas.

O Colexio deixa de actuar como tal no ano 1809 coa chegada dos franceses a Santiago, aínda que xa viña tendo antes da devandita data unha andaina non moi doada.

O proxecto do edificio foi feito polos mestres Jácome Fernández e Leonel de Avalle. É unha construción de grandes proporcións cun Claustro o meirande dos colexios de España. Ao longo dos anos tivo unha morea de finalidades como: Cuartel, Seminario Conciliar, Arquivo do reino de Galicia, Museo Rexional, Sociedade Económica de Amigos do Pais, Escola de Artes e Oficios. Na actualidade é o Instituto de Bacharelato Rosalía de Castro.

No ano 1787 entrou como colexial neste colexio unha persoa nacida en Vilaxoán, de nome Joaquín del Río y Moreira, bautizado en Sobrán o 26 de xullo de 1763, era fillo de Javier del Río e de Juana Moreira Losada. Joaquín del Río era bacharel en cánones pola Universidade de Santiago en 1786, sendo o único aspirante á bolsa canonista anunciada o 9 de novembro de 1786. Fixo a oposición o 18 de novembro, e despois de ler media hora e contesta-las obxeccións “con gallardía” foi aprobado “nomine discrepante”, tomando posesión o 18 de febreiro de 1787.

estatuas de ruanova.color

Estatuas no Pazo de Ruanova de Miguel Inclán e a súa dona Rosa Malvido, fundadores do Pazo

Fora secretario de Capelas, elixido o 23 de novembro de 1783, rexeitou ao cargo o 12 de xuño de 1788, por mor de se presentar ao curato de Santa María de enda.

 

(2)–Da biografía do fundador do Colexio D Xoán de San Clemente e Torquemada, hai un libro escrito polo seu secretario D Pedro Sanz del Castillo que era cóengo da Igrexa Catedral de Santiago. Este libro foi editado o 20 de abril de 1769 feito en Santiago na imprenta de Sebastián Montero y Frayz. Na introdución hai unha dedicatoria do libro ao Ilmo. D Miguel María Nava y Carreño que era do Consello e Cámara de Castela e do Supremo Consello de S.M. Ao remate desta introdución aparece asinando como Rector-Doctor D Francisco del Valle-Inclán e os Consiliarios D Ramón Feyjoo y Gayoso, Francisco Suárez y Temes e secretario D Joseph de Leyes y Valdivieso (Atópase este libro na B.X.U.S.-R.39.094).

============================

A BIBLIOTECA

Comisionado D Francisco o 30 de agosto de 1772 pola Universidade para o establecemento da Biblioteca Pública, viaxa no devandito ano a Madrid para ocuparse desa xestión que lle fora encomendada, concretamente acadar os exemplares e completa-los fondos necesarios.

rematou de arranxar este catálogo facía o comentario seguinte: “es considerable la escasez que experimenta de libros, especialmente en materias de Historia y Concilios, Matemáticas, Anatomía y otras Facultades nuevamente entabladas por el plan de estudios, de tal modo que si se necesita buscar una ley del reino, una bula o disposición conciliar, apenas hay en Santiago bulario o colección en que hallarla”.P1040024

O documento feito polos devanditos libreiros axustados con D Francisco, o montante chegaba á suma total de 120.742 reais de vellón. .A cantidade de volumes era de 1.357 repartidos nas materias seguintes: Liturxia, Dereito Canónigo, Dereito Civil, Filosofía, Botánica, Cirurxía, Medicina, Matemáticas, Xeografía, Historia Eclesiástica, Historia Profana, Lingua ,Oratoria, Bibliografías, Dicionarios, Expósitos, Escritura e varios. Os volumes de máis custo eran o de Dereito Canónico coas obras completas de Dupín de 64 volumes co prezo de 15.000 reais de vellón, e os 50 volumes da Historia Eclesiástica “Acta Sanctorum” de Bolando editado en Antuerpia (Amberes) no ano 1643, co prezo de 10.000 reais.

Como complemento dos libros, e para unha mellor organización da Biblioteca, Valle impuña un regulamento de instrución que tamén remitiu dende Madrid o 30 de xuño de 1774. Este regulamento comezaba co texto seguinte: “Instrucción para el establecimiento de la Biblioteca Pública de la Universidade de Santiago”.Dende que Valle foi comisionado pola Universidade en 1772, case sempre foron obxeccións ata o ano 1795. Puido algunhas veces en toda esa andaina resolver algunhas escudo de Ruanovadificultades, pero ao remate puideron máis os atrancos.

Rematara así este acontecemento histórico da fundación da Biblioteca Pública da Universidade de Santiago. Dende o punto de vista do alongamento no tempo, canta miseria humana agochan esas liortas das xentes que amolan ás persoas con nobres e honestas vontades.

===============================

ALGUNHAS NOTAS SOBRE A BIBLIOTECA

-( Tendo en conta o crecemento da industria editorial española, en especial a de Madrid, cidade onde se mercaban os principais libros, sendo este o motivo pola cal F. Del Valle-Inclán viaxa a Madrid, xa que por estas datas a industria editorial de Salamanca está en decadencia sendo esta a que sempre abasteceu a Compostela dende os século XVI a primeiros do XVII.)

-( D.Francisco fai o inventario da biblioteca existente, formada maioritariamente polos volumes procedentes dos cinco colexios dos xesuítas de Galicia, e os libros que cre conveniente aconsellando merca-los libros por temas. Tamén mercara dous globos celestes terráqueos para a Universidade e a compra de instrumentos científicos: “una esfera armilar, un telescopio de graduación montado, una máquina neumática y otros instrumentos de astronomía,optica y física”. Unha das fallas máis importantes da biblioteca era D.Quijote de la Mancha. Acadou a cesión polo Rei Carlos III e polo Infante algúns libros que non se podían atopar á venda.)

Partida de defunción de F.del Valle-Inclán

Partida de defunción de Francisco del Valle-Inclán

-( Antonio de Sancha Viejo naceu en Torija (Guadalajara) en 1720, foi un importante e famoso libreiro, impresor e editor do século XVIII.Editor de importantes obras de clásicos españois como Lope de Vega, Miguel de Cervantes, Francisco Cervantes de Salazar, Esteban Manuel de Villegas etc., e de moitos dos eruditos e literatos do seu tempo (Pablo.Florez, Capmany, Vicente García de la Huerta etc.).Tamén foi o máis notable encadernador da súa época; orixina no seu taller de Madrid o gran momento de apoxeo na arte ligatoria española do século XVIII, cos seus orixinais tipos de orlas florais e de mosaicos de cintas (Fernando VI) e como introdutor da arte de estilo barroco (arte que estivo moi de moda en Francia no s. XVIII ) en especial nos tipos de encaixes e mosaicos punteados de ouro (Carlos III).O retrato que se reproduce nestas páxinas coa figura de Antonio de Sancha, é un debuxo en tinta china feito polo pintor e ilustrador Luís Paret, que era moi amigo de Sancha. Paret era considerado naquelas datas do s.XVIII o mellor pintor do seu tempo despois de Goya. Os fermosos cadros que se atopan no museo do Prado “ La comida de Carlos III “ de 1772 e a “ Jura del príncipe de Asturias “ de 1791 foron pintados por Luís Paret.Antonio de Sancha finou na cidade de Cádiz no ano 1790.)

-( Nos escritos do Marqués del Saltillo “ Don Francisco del Valle-Inclán, Bibliotecario de la Universidad de Santiago ( 1772-1795 ) “, nas páxinas 23-29 vén exposta a memoria dos libros axustados en Madrid por Francisco del Valle-Inclán e o libreiro Antonio de Sancha. Recolle toda a relación de libros por materias, títulos, anos de edición, volumes, autores e custo en reais de cada libro e tomo. Case todos eran editados no século XVII e primeiros do XVIII, agás 29 tomos de Dereito Civil de 1584 “ Tratactus tractati Magni Venetiis “.)

===============================

DERRADEIROS ANOS

Francisco de Valle-Inclán tamén escribiu sobre a orixe e progresos da Universidade de Santiago, e deixou un tomo co título: “PRENOCIONES/ ALA INTELIGENCIA DELAS SANTAS ESCRITURAS/ POR MEDIO DE LOS CONOCIMIENTOS DELAS LENGUAS/ ORIGINALES/ DECADENCIA DELA LITERATURA ORIENTAL/ EN ESPAÑA Y NECESIDAD DE RECOBRARLA/ (1). Carré Aldao dicía que este manuscrito estaba nas mans do Sr. Murguía, e que deixara unha morea de traballos inéditos de recoñecido mérito.Seica un incendio da torre do Pazo da Rúanova queimou a Biblioteca que nese lugar tiña Valle-Inclán, queimándose unha obra inédita na que traballara ao longo de moitos anos.

Retirado Valle-Inclán na casa da Ruanova, fixo testamento o 1 de abril de 1804, onde dispón que a derradeira libranza da xubilación se reparta coa Universidade e o Colexio de San Clemente. Ao mesmo Colexio tamén deixa a Biblia Políglota de Londres en oito tomos.Do carácter de Valle-Inclán , comenta Pérez Constanti que: “era de tan fuerte y raro genio que llegó a cortarse el mismo el dedo gordo del pié, lla que tenía en el una ligera deformidad”. Por Pontevedra espallouse unha versión máis forte; anoxado porque lle apertase un zapato, entrou nun portelo dun mestre zapateiro para que llo arranxase, e como aínda tiña amoladelas, colle un coitelo do banco do mestre e rebándase o dedo que lle doe.Seica que don Francisco foi un home de intelixencia superior a súa época, de moito talento e que falaba varias linguas.

PAZO DE RUANOVA

Casa Pazo de Ruanova

Finou o 31 de outubro de 1804 na casa da Rúanova, onde ao día seguinte foi soterrado ao carón da Portatraviesa no camposanto de San Martiño de Sobrán. Na actualidade a tumba non existe; poida ser que estivese no lugar onde hoxe se atopa unha construción que antano foi un colexio que está ao carón da Igrexa. Tamén poida ser que desaparecese en 1890 por mor dunhas obras que se fixeron pola orde do crego daquelas datas Vicente Tettamandi. Estas obras consistiron no levantamento da terra na entrada, así como face-lo desmonte e rebaixa-lo terreo da parte superior.Vilaxoán de Arousa pode te-lo orgullo de ter entre os seus fillos ilustres a un persoeiro case esquecido: don Francisco del Valle-Inclán Santos. Unha persoa apaixonada polos libros, tenaz no arranxo e fundación da primeira Biblioteca Pública e do primeiro xornal que se editou en Galicia. Seica foi o primeiro afrancesado de Santiago (Francia daquela época estaba de moda en todo o mundo), sendo integrante dunha xeración de intelectuais (entre eles Pedro Bazán de Mendoza ) da Galicia do s. XVIII.

=====================================

(1)O título completo deste manuscrito comeza desta maneira: “PRENOCIONES / ALA INTELIGENCIA DELAS SANTAS ESCRITURAS / POR MEDIO DE LOS CONOCIMIENTOS DELAS LENGUAS / ORIGINALES / DECADENCIA DELA LITERATURA ORIENTAL / EN ESPAÑA Y NECESIDAD DE RECOBRARLA / AL REY N.S. / POR MANO DEL EXCMO.SEÑOR CONDE / DE FLORIDABLANCA PRIMER SECRETARIO DE / ESTADO / EL DR. FRANCISCO DEL VALLE-INCLÁN CATEDRÁTICO DE PRIMA DE LEYES Y BIBLIOTECARIO / DE LA REAL UNIVERSIDAD DE SANTIAGO / MADRID 1779 “.Tratar de suliñar todo o contido do documento e os temas do que trata, é unha labor que sobrepasa a capacidade deste traballo e cecais a paciencia do lector. Estamos a falar dun manuscrito en 4º, composto por cinco follas e 430 páxinas, dividido en nove capítulos con algunhas ilustracións e mapas.O manuscrito comeza cun índice de 16 páxinas máis unha introdución dende a páxina 17 á 32. Está escrito en latín e castelán, non ten ornamentación e soamente maiúsculas, palabras gregas, hebreas, arameas e outras linguas, están escritas en tinta vermella e o resto en tinta negra, o manuscrito está un pouco danado polo caruncho. Hoxendía atópase na biblioteca da Real Academia Galega doado pola familia de Manuel Murguía. No arquivo da familia Valle-Inclán gárdase un segundo manuscrito de D.Francisco co título seguinte:

Miguel Inclán

Miguel Inclán

 “DISCURSO PRELIMINAR / ALA / CLAVE HISTORIAL DELOS PRINCIPALES SUCESOS / DEL MUNDO DESDE ADÁN HASTA EL MESIAS,/ DISPUESTA POR EL ORDEN Y MÉTODO CON QUE EL R.P. / M.F.HENRIQUE FLORES ESCRIBIO LA SUIA DESDE / JESUCHRISTO HASTA EL SIGLO PRES. / EN EL CUAL SE FIXA LA VERDADERA CRONOLOGÍA / DE MUNDO POR EL TEXTO DE BENXAMÍN KEN / NICOOT / Y SE DA UNA BREVE Y EXAPTA HISTORIA / DELA SANTA BIBLIA Y SUS VERSIONES./ CON EL FIN DE QUE LA JUBENTUD ESPAÑOLA QUE SE / DEDICA AL ESTUDIO DE LA HISTORIA Y CONOCIMIENTO / DELAS SANTAS ESCRITURAS, PUEDA POSEER POR MEDIO / DE ESTAS DOS CLAVES LAS PRENOCIONES SUFICIENTES / PARA SU INSTRUCCIÓN. / POR EL ABATE DN. FRANCISCO VALDECAÑAS,DOCTOR / EN AMBOS DERECHOS. “Está datado en Madrid en 1779, xa que o final deste manuscrito pódese ler: “MADRID…….ERA VULGAR 1779 DEL NACI…….. Y 5799 DEL MUNDO SEGÚN……….”.Consta de 25 folios escritos polas dúas bandas, carece de mapas e ilustracións; cada folio ten entre 48 e 50 liñas de escritura, o soporte é de papel a dúas tintas, unha de cor negro e outra vermella nas palabras e frases de idiomas estranxeiros. Aínda que está moi ben restaurado, só se conserva un anaco da sinatura que dí: “DR.DN.FRAN…….”.A humidade ten moi danado as beiras das follas, do mesmo xeito, afecta á escritura nalgunhas partes.Expón,como o título o di, a cronoloxía do mundo segundo os manuscritos das Sagradas Escrituras cotexada coa cronoloxía que sinala a Vulgata para soster que o cómputo total vai atrasado en catro anos. No folio quinto, comeza unha curta historia da Biblia.Este manuscrito está asinado co nome de Francisco Valdecañas. ¿En virtude de que cabe apoñer o documento a D.Francisco del Valle-Inclán?. En primeiro lugar, Filgueira Valverde na súa obra “Valle-Inclán en su paisaje”, recoñece ao abate Francisco Valdecañas con Valle-Inclán. En segundo lugar, a semellanza da sinatura do manuscrito a outros documentos que se atopan no Arquivo Xeral de Simancas, da Universidade de Santiago e do Arquivo Histórico Diocesano de Compostela.

——————————————–

Pódese recoller calquera escrito ou documento aínda que está protexido por COPYSCAPE, citando sempre a procedencia e o autor.

Teo Cardalda F.

  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.

Deixar un comentario