Arquivo

Archive for Xaneiro 2007

Deus os dá e eles xúntanse

Deus os dá e eles xúntanse. ¡ Aleluia !

Agora que imos de concelleiros e alcaldes, por aquilo de pechar blogs. Que si a liberdade de expresión, que temos que andar ao “loro”, denuncias por parte do Alcalde e concelleiros de Cambados a Blogs dese pobo e de O Grove  etc…

Ollades este vídeo e veredes que eles mesmos fan oposicións para que a cousa funcione. Eles mesmos o piden a berro tendido, non pola súa eficacia, senón pola súa inoperancia.

O vídeo, segundo o Confidencial.com, trátase dunha roda de prensa do concelleiro de festexos Sr. Barreda de Ciudad Real e Millán Salcedo o que fora do grupo humorístico Martes y Trece. O concelleiro é irmán do Presidente de “Castilla la Mancha” Comentan nesa mesma páxina que, o tal Barreda foi concelleiro do PP e agora está a facer unha lista para as vindeiras eleccións como grupo independiente. ¡ Hala !. Se eu vivira nesa cidade, correndiño ía a votar por el, máis nada para escarallarme de rir nos plenos.

Son como nenos pequeniños, se non queren unha cunca de caldo, nós lles damos dúas.

Categorías:Política

Liberdade de expresión.2

 

As denuncias do PP multiplican as visitas aos blogs críticos de Arousa 

 «camba2.blogspot.com» e «ogrobe.blogspot.com»


As webs de Cambados e Ou Grove rexistraron 2.110 e 1.642 consultas durante o fin de semana


O Señor X limitou a actividade da súa páxina ao chat de intercambio de opinións

 

(Firma: Serxio González | Lugar: vilagarcía) Voz de Galicia  

 

“las denuncias que dirigentes del PP en Cambados y O Grove han planteado contra dos webs del ambos municipios arousanos -www.camba2.blogspot.com y ogrobe.blogspot.com- derivaron el pasado fin de semana en una inusitada oleada de visitas a los dos lugares de Internet.”

 

 

Ler máis…………. 

 

Ler entrevista……a o responsable do blog de O Grove

 

Ler Opinión……….do delegado da Voz de Galicia Xurxo Melchor 

Falar non ten portelos,”O Sarampelo”: Hoxe na Voz de Galicia ven un comentario sobre o tema de Xurxo Melchor (Delegado da Voz de Galicia en Vilagarcía) interesante, co que non estou moi de acordo. Unha das cousa máis importantes que están acontecendo na actualidade na rede de redes, son principalmente os Blogs, Algo que abre unhas expectativas cara a información que non nos dan os medios tradicionais que están noutra onda e escribindo o “politicamente correcto” segundo lles vai. Iso é así e non te volta de folla. Tamén é verdade  como di Melchor que, algúns Blogs se pasan en contidos (non é o caso dos devanditos Blogs). Temos a “Libertad Digital” que os insultos, acusacións moi graves e outras “baixezas” e polo momento aínda non se veo ningunha denuncia. O blog de Ricardo Inestrillas que pon ao Rei como borracho, asasino e outros insultos  e aquí “paz y despues gloria”. A pluralidade da información é moi importante para a saúde mental, contrastala, peneirala e logo sacaremos as conclusións pertinentes e os blogs que os seus contidos non sexan do agrado da maioría eles mesmos se descualifican e morreran co tempo.Eu quero a diversidade de información e o meu criterio sacará as conclusións que crea conveintes, todo o demais é “música celestial”.Nembargantes hoxe na actualidade quero información dos Blogs e non dos medios convencionais que me aburren de moito “carallo”. Desa maneira tiñamos que meter na cadea a certos responsables de xornais de interés nacional que actuan con unhas informacións amarelas e moi sensacionalistas que fan un dano á cidadanía crispando o ambente político deste país, iso si que é moi grave, o que fan non é periodismo é “carroñismo informativo”. Todos os Mrs X que polulamos polos Blogomillos comparados con estes xornalistas carroñeiros e de coñecidos nomes, somos “unas hermanitas de la caridad”, e a min me gusta estar sempre con esas “hermanitas”, solidarizandome con elas.

Coido que os blogs nun vindeiro futuro será un dos medios máis importantes da información, sacándolle lectores a prensa escrita sempre e cando sigan coas informacións de políticas correctas e non saírse do guión preestablecido. Unha das cousas máis principais polas que un loitou naquela “longa noite de pedra”, foi o da liberdade de expresión, sabiamos que tendo isto as demais liberdades democráticas viñan por si soas.

 

Categorías:Política

Cousas do Mar

Despois de tanta pólítica, de tanto ladrillo e formigón, de tanto político corrupto, de escoitar aos casposos do PP intentando pechar blogs xudicialmente porque nos lles gusta que lle miren debaixo da faltriqueira. Hoxe imos cun vídeo de “relax” como é o atraque en Vilagarcia do transatlántico Maxin Gorkiy  axudado polo Remolcador Doctor Pintado. Vídeo recollido o mesmo día de Noiteboa.  

http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=2812745262653834251&hl=es

Categorías:Uncategorized

Holocausto

 

Denuncia do embaixador de Israel
Nun municipio español queren substituír o Día do Holocausto polo de “Genocidio Palestino”  

IAR-Noticias) 7-Enero-07  

“”  Según el diario El País, el embajador israelí en España, Victor Harel, denució  que el Ayuntamiento de la localidad madrileña de Ciempozuelos ha decidido “reemplazar” el Día de Memoria del Holocausto, por algo “inaudito” llamado “conmemoración del genocidio palestino”,según manifestó en una carta remitida a su alcaldesa, Susana León.

“” Ler máis…..  

 

 

Falar non ten portelos: Non sei a que ven tanta propaganda con isto do Holocausto da Alemana Nazi nestes intres.  De cando en vez aparece esta propaganda alentada polos medios de “desinformación” os mas-media ao servicio de non sei que intereses pero que sospeito cales son. Case a humanidade enteira sabemos do que fixeron os Nazis cos xudeus, foi un xenocidio en masa, unha barbaridade que todos temos que lembrar , non esquecer e condenar, pero non fai falla que no lo recorden a cada momento, iso quedou moi marcado nas mentes humanas e non se esquece moi facilmente. Aquilo aconteceu nun contexto político, nunhas circunstancias de guerra distintas e aparis-mach-4-iv-02-un-palestino-abatido-polos-cerdos-xudios.JPGs cousas son hoxe moi diferentes. Por iso tamén temos que lembrar no contexto actual, nunha guerra actual o xenocidio do pobo palestino, por parte dos mesmos que sufriron aquelas terribles consecuencias. Estamos a falar de agora, de 2007. Un xenocidio calquera non se diferencia do que pasou fai 65 anos a outro actual, non se pode usar dúas varas de medir distintas. Non se pode estar co “politicamente correcto”. Non podemos consentir que nos tomen por ovellas tratando de  lembrar un xenocidio para tapar outro. Tódolos xenocidios son condenables veñan de onde veñan, aínda que non lles guste a moitos mediocres gobernantes que nos tocou vivir nesta época, entre eles, Bush, Blair, Aznar, Ariel Sharon etc..   

 

Categorías:Política

Liberdade de expresión.

 

Dirixentes do PP levan ao xulgado a dous blogs de Cambados e O Grove
O alcalde Cores Tourís e catro edís estiman ofensivos varios comentarios e unha fotomontaxe

(  Esta é a foto do blog denunciado. A poño eu. ¡Que carallo pasa!.Roubeilla a Mr. X)

webs son «camba2.blogspot.com» e «ogrobe.blogspot.com»  

Lugar: la voz | redacción) 

espacios y, sus dirigentes, la mayoría de las críticas. Pero lo que a unos les hace gracia, a otros no les ha gustado ni un pelo. Dirigentes del PP de estas dos localidades han llevado al juzgado a los blogs camba2.blogspot.com y ogrobe.blogspot.com. Ler máis….   

Ler entrevista ao Mr. X

 

 

 

 

Falar non ten portelos :  A liberdade de expresión neste país está a chegar ao rente do chan. Os Sres. políticos non lles gusta que os critiquen. Teñen que saber que   desde o intre que son persoas públicas están para as verdes e para as maduras. Iso é o primeiro que teñen que aprender desde que se presentan para calquera cargo público e o segundo ser o máis digno e honesto posible así desa maneira coido que non serán criticados. Todo o demais é música celestial e o políticamente correcto. Xa fai tempo que neste país estáse a xudicializar  a política e iso trae consigo unha merma “democrática” .Temos que andar ao loro ante tanto impresentable e “chourizo” político.

Coido que tiñamos que solidarizarnos  con comentarios e mails con estes Blogs. Cantos máis mellor.

 

O cemento e mailo ladrillo na Costa de Galicia

 

Denuncian unha urbanización de 260 chalés en Sanxenxo a menos de 150 metros da costa 

Silencio da Xunta, voto a favor do PPdeG e PSdeG, e oposición do BNG ·· Os veciños opóñense á destrución da “última zona forestal” que foi recualificada co PXOM do 2003

R. FERNÁNDEZ. SANTIAGO Galicia Hoxe.com 

 

 

 

(esta foto foi secuestrada a Galicia Hoxe) 

 

 

 

A presión urbanística que padece a costa galega segue en primeira liña de actualidade. Tras a oposición veciñal amosada ás recualificacións de terreos contemplados en determinados PXOM como o de Nigrán, Ribadeo ou Foz, agora chégalle á quenda a Sanxenxo.

 

Ler máis ….en Galicia Hoxe 

 

 

 (Foto,  Telmo con Louzán)

 

 

 

 

Falar non ten portelos: Xa me parecía a min moito que a Marbella de Galicia non estivera na porcallada do ladrillo e o formigón. Xa cando fuxiu o Alcalde antes de tempo para se presentar por Pontevedra nas vindeiras eleccións municipais (ollo, listas pechadas como sempre), a cousa non fedía moi ben. Xa que agora está de “moda” poñer a toda hostia o ventilador da merda, coido que se o poñen en calquera concello da nosa nacionalidade, o fedor sería insoportable.Que poñan o ventilador dun carallo dunha vez, e “listas abertas xa”.  O PP e mailo PSOE votaron xuntiños, xa vedes a bicos e abrazos. ¿Qué lle pasou ao BNG que votou en contra?. Non lle deron parte da tarta, ou trabucouse de voto. Pode ser que aínda podemos confiar en eles. Xa veremos, teño a mosca detrás da orella.

 

Categorías:Política

Cidade da Cultura

https://s3.amazonaws.com:443/slideshare/ssplayer.swf?id=20048&doc=ideas-para-a-cidade-da-cultura2-29076

As ideas poden ser mellorables, cada quen que mande as que queira. O premio non está mal.Podedes mandalas tanto a iste Blog como presentalas na Consellería sen ter que ir nun carro do país.

Categorías:Uncategorized

Egoismo ruín do ser humano

 

 A onde chega o egoísmo e o ruín do ser humano 

ACCIDENTE MORTAL EN CHANCELAS – DECLARACIÓNS DAS TESTEMUÑAS

Manuel Casal, voluntario que axudou a rescatar ás vítimas: “Prometinlle á avoa non deixala soa”

 Faro de Vigo-Arousa/Mónica Álvarez

¿Colaboraron as demais persoas?
– Formamos unha cadea humana entre as vinte máis ou menos que estabamos aquí. Ao principio moitos non se movían polo medo, pero despois o que máis e o que menos 2007-01-31_img_2007-01-24_03_30_13__116-edrenr-24012007.jpgaxudou ata que chegaron os bombeiros. Con todo algúns se portaron moi mal; unha muller díxonos que tivésemos coidado ao retirar as caixas porque os mexillóns valen diñeiro. Eu só lle contestei que debaixo dos ferros había dous nenos. Tamén houbo algúns que aproveitaron a ocasión para levarse mexillóns.

( foto / junior )  

 

Falar non ten portelos :  Aínda bo é que hai persoas con bos sentimentos e que inclusive poden dar a súa vida polos demais. Nembargantes segundo o que di este xóven rapaz Manuel Casal ante certas persoas que pertencen ao ser humano, non hai palabras para reprobar as accións de esa muller e dos que levaron a mercaduría do camión. Desde este Blog lle desexo a Manuel Casal todos os meus parabéns  pola gran acción de voluntarismo que tivo. Graciñas Manuel. 

 

Os desordes de Alcorcón-Vídeo

Segue a crise nas rúas
As autoridades empéñanse en que non pasa nada en Alcorcón 

 

 

  – Diariocrítico/Agencias

  Mientras que las autoridades se empeñan en que no pasa nada, como pasó ayer con la delegada del Gobierno y el alcalde de la localidad madrileña, los ánimos siguen caldeados y colectivos radicales también se empeñan en mantener las espadas en alto contra las bandas criminales de origen latino.   

Video aficionado recollido en Youtube de:   ture

 

Falar non ten portelos: As autoridades din que non pasa nada, logo iso do vídeo que é, un partido de fútbol ou as “hernanitas de la caridad” pedindo esmola.Estes políticos teñen cada saída de tono que desbarran ata tal punto que o que están dicindo non é máis que un insulto á intelixencia dos cidadáns. 

Categorías:Problemas sociais

Cousas do mar

 

Desencallado o buque que permanecía na Bahía de Cádiz con 38.000 toneladas de carbón e 600 de fuel  

 

“ El dispositivo montado por Salvamento Marítimo y Capitanía Marítima logró en la tarde de hoy que el ‘Ocean Globe’, que se encontraba varado en el ‘Bajo del Diamante’ en la Bahía de Cádiz, volviera a navegar aprovechando la subida de la marea, según informaron fuentes de la Subdelegación del Gobierno en Cádiz. “  

¿La tripulación y los responsables portuarios “estaban dormidos”?“ Por su parte, Ecologistas en Acción ha considerado “inconcebible” que un barco como este “se embarranque a dos millas del puerto”, por lo que preguntó a los responsables del puerto de Cádiz y a la tripulación del ‘Ocean Globe’ “si estaban  

El Ocean Globe se supone que avisó con anterioridad a la Autoridad Portuaria de que iba con destino al puerto de Cádiz; el capitán, ante las dimensiones del barco y la dificultad que supone navegar por la Bahía de Cádiz, debería haber solicitado un práctico para guiarlo hasta su destino. Por algún motivo que se desconoce, este barco se desvió y embarrancó en la zona antes mencionada, donde en bajamar presenta algo menos de 8 metros de profundidad, insuficientes para los 10 metros de calado del carguero. “

 

 

 

 

Falar non ten portelos : Imos por partes , “ Ecologístas en Acción” din que é inconcibible que embarranque a dúas millas do porto. Claro que pode embarrancar, sempre e cando as mareas sexan moi vivas e o rumbo que traia non sexa o correcto, ou que sexa o correcto pero o calado que leva é superior ao calado da auga. Se así foi, tiña que agardar fondeado por unha orde da Corporación de Prácticos ata que subira a marea. Tamén din que tiña que solicitar un práctico: O práctico non fai falla que o solicite, xa que é obrigatorio, en especial se o barco ten unha eslora como a que leva. O que está de garda xa ten coñecemento desde días atrás de que o barco chega tal día, tal hora, tanto polo Consignatarios como pola Autoridade Portuaria, este pasa coñecemento aos remolcadores que están enterados para saír se fai falla a X hora. Pasa coñecemento aos amarradores para hora X e mariñeiros da lancha de practicaje.  

O problema é ata que límite de practicaje é o da Bahía de Cádiz, troca este límite segundo o porto que sexa. O práctico de garda xa está en contacto co barco moito antes desas dúas millas para ter moito antes enterado a todos os que anteriormente dixen.¿Durmindo os do barco?, non o creo, xa que veñen ao loro desde que teñen contacto con Prácticos quizais 20 ou 25 millas antes.Se o límite de practicaje é moi curto, ante estes problemas tiñan que amplialo, non quita que ese día tiñamos que ollar o libro de mareas por si foi unha marea que esvarou moito, pero non quita certa responsabilidade de que tiñan que fondealo ata a media preamar, que dez metros de calado non son tantos para calquera porto de interés xeral.

Aquí temos moitos intereses, os Consignatarios apremen para descargalo o máis axiña posible, teñen a cuadrilla de portuarios á espera para comezar. O barco canto máis está no porto máis paga, o  vindeiro frete que xa ten contratado o barco noutro porto, ten que estar tal día para cargar, o armador presiona ao Capitán. Presionan ao Práctico e todo é unha “carallada” que ao final pode acontecer unha catástrofe.

Por non falar de certas tripulacións contratadas polo “caldo”que andan no mar sen a experiencia que fai falla, en barcos de bandeira “pirata”. Esta xa é outra historia o bastante negra e “tenebrosa” para escribila en dúas liñas.  

As fotos foron secuestradas a :  “20minutos” e “Ecologistas en Acción”

 

Categorías:Uncategorized