Inicio > Un pouco de Historia,Vilaxoán > Concello de Vilaxoán-1836-1913

Concello de Vilaxoán-1836-1913


 

Estes días imos con uns anaquiños históricos da vila de Vilaxoán de Arousa, para aquela xente do povo que se atopa en Hispanoamérica, cousa que mo pediron, e vounos compracer no que poida 

————————–  

CONCELLO DE VILAXOÁN. 1836-1913  

Os Concellos, na forma en que hoxe os coñecemos, teñen a súa orixe na Constitución de Cádiz de 1812,  e un dos seus artigos dicía: “Para el gobierno interior de los pueblos habrá Ayuntamientos compuestos del alcalde o alcaldes, los regidores y el procurador síndico, y presididos por el Jefe político, donde lo hubiere, y en su defecto, por el alcalde o el primer nombrado entre éstos, si hubiere dos”. Se pondrá Ayuntamiento en los pueblos que no lo tengan, y en que convenga le haya, no pudiendo dejar de haberle en los que por si ó con su comarca, lleguen a mil almas, y también se les señalará termino correspondiente”. selo-do-concello-1847.JPG

A primeiros do século XIX, concretamente en marzo de 1813, constituíase en Santiago a Deputación de Galicia para impulsar os “concellos institucionais”. Paralelamente, creábase o concello de Sobran tomando o nome da antiga xurisdicción.

01-acta-1841.JPGAs circunstancias políticas non favoreceron o desenvolvemento constitucional que ía supor unha nova andaina para os gobernos locais, aínda que axiña comezouse a por en marcha a nova organización, unha vez constituídas as primeiras deputacións provinciais ao Aveiro do artigo 335, punto tres, da Constitución, que di:“Cuidar que se establezcan Ayuntamientos donde corresponda los haya conforme a lo prevenido en el articulo 310”. 

Pero os novos concellos case non tiveron tempo de funcionar como tales, xa que a volta do desterro do nefasto Fernando VII e a súa proclamación como Rei absoluto tiveron consecuencias negativas para España e, de feito, supuxo o retorno aos usos e costumes do antigo réxime nos que xogaban un papel estelar os nobres, abortando desde o comezo unha etapa de modernidade constitucional que se consagra cun Real Decreto de 4 de maio de 1814 anulando e deixando sen ningún valor a Constitución de 1812 e tódalas leis e decretos producidas. 

En 1820, a Constitución de Cádiz é de novo posta en vigor a causa do alzamento de Riego pero en 1823, e coa axuda dos Cen mil fillos de San Lois, parouse en seco o desenvolvemento constitucional e, outravolta, retornou o absolutismo. Nembargantes, os concellos que xurdiron durante a etapa liberal, 1812–1814 e 1820-1823, entre eles o de Sobran, deixaron a súa pegada entre o poboación.

Esta experiencia serviu para demandar concello propio cando, ao aveiro do Decreto de 23 de xullo de 1835, abriuse o prazo para o arranxo provisorio dos concellos. Un Real Decreto de 24 de xullo de 1835 da pé  á nova organización territorial do país que abre de novo as canles da instalación duns novos concellos. 

No BOPP do día 3 de decembro de 1836 aparece publicada a nova división municipal do partido de Cambados na que figuran nove concellos e onde Vilaxoán aparece como unha parroquia máis do concello de Vilagarcia. Ese mesmo día, o procurador xeral do concello de Vilaxoán, Bonosio Tapias, dirixe unha instancia ao Xefe Político da provincia, na que se pode ler: “ al estenderse en aquella comarca la noticia, confirmada en el Boletín de ese día, de que hacía a dicha villa dependiente con todo el Coto de Sobran , del Ayuntamiento de Villagarcia, causo un profundo sentimiento en sus naturales, que unanimemente resolvieron se acercase a V.S. el exponente, como su representante, para manifestarle los justos títulos con que cuenta Villajuan para considerarse capaz de formar por si sola un Ayuntamiento”. 

En realidade, o Sr. Procurador xeral daba cumprimento ao acordo do seu concello de data un de decembro no que se facía constar o acordo de que o procurador Sr. Tapias pase a Pontevedra e en representación da freguesía de Sobran faga públicos na Deputación os inconvenientes derivados da “anexión” da freguesía ao concello de Vilagarcia, sen esquecer que na freguesía de Sobran, en tódalas épocas constitucionais, houbo Concello propio por ter máis de 500 veciños, e ,finalmente, facer todas as cuno-alcadia-1909.JPGxestións que precisas para acadar o que se desexa. 

Na instancia apresentada na Deputación faise constar que Vilaxoán goza de título de vila e ademais que: “… desde remotos siglos; que tiene comercio, fábricas, agricultura y un puerto cómodo que le facilita la extracción de sus producciones y la introducción de los artículos necesarios para toda la Provincia; que lla formó ayuntamiento en las épocas constitucionales; que su situación topográfica le ofrece a las aldeas de su dependencia fácil acceso. Y que, además de razones de justicia y de comenencia pública, hay otra que en política no debe despreciarse, y es que con la medida, cuya rebocación se desea, se humilla el amor propio de los de Villajuan, privándoles de un derecho cuya posesión han gustado, y alimentado la vanidad de sus rivales los de Villagarcia, que ufanos se jactan de la victoria, excitando con esto resentimientos y motivos de discordia, cuyas consecuencias son siempre funestas”. 

A Deputación dirixe un escrito ao Xefe Político no que se pode ler:“La villa de Villajuan por medio de su procurador general ofrece varias razones que persuaden a esta Comisión  que la formación del Ayuntamiento de Villagarcia no está conforme a los principios de conveniencia de los pueblos que lo componen. Deseando evitar todo motivo de perjuicio en las plantas de las municipalidades que V.S. tiene dispuesto publicar en el Boletín de mañana, mientras que la Corporación reunida no delibere acerca de una esposición, la Comisión de Diputación y la Junta de Armamento espera que V.S. se sirva mandar suspender a la publicación hasta el Boletín próximo de la división municipal del Partido de Cambados”. 

A instancia pasa a informe dos membros da comisión de revisión dos concellos, os señores Gayoso e Reino, que consignan ao marxe do pedimento e asinan o siguiente dictame:  “Cuando la Comisión nombrada para los Sres. de la Diputación Provincial reconoció la división de los Ayuntamientos del partido de Cambados hecha por la anterior Diputación no dejó de advertir que convendría un Ayuntamiento en la villa de Villajuan por ser una población que gozó siempre de igual privilegio cabeza de jurisdición y habitada por gentes de comercio y de fortuna; pero no hallando la Comisión en el expediente ninguna instancia hecha por los vecinos de Villajuan con objeto de mantener la municipalidad como lo verificaron los de Villanueva de Arosa, creyó que hallándose Villajuan tan inmediato a Villagarcia se conformaban sus vecinos entenderse con este último Ayuntamiento, cediendo el derecho que podían tener a conservar el suyo. Juzga la Comisión sin perjuicio del mejor dictamen de S.E. que es admisible su solicitud por las razones que expone y van indicadas, constituyendose el Ayuntamiento de la Parroquia de San Martín de Sobran, la de Sobradelo y aún de la de San Lorenzo de András, agregada antes a la de Villanueva de Arosa”. 08-sesion-extrado-c-de-vilag.JPG

Semella un pouco sospeitoso que despois de case un ano de estudos, tiras e afrouxas, a Deputación intente que San Martiño de Sobran pase a depender do concello de Vilagarcia. O 5 de decembro de 1836, a Deputación e a Xunta de Armamento de Pontevedra, comunican ao Sr. Procurador Xeral, D. Bonosio Tapias, o acordo de rectificación que aproba a criazón do Concello de Vilaxoán, sendo o seu primeiro Alcalde D. Xosé Torrado, rexedor máis antigo Pascual Besada,  procurador síndico Xosé Búa e secretario Manuel Rubianes.

A partir de entón pasan a formar parte do Concello de Vilaxoán as freguesías de Sobran, con 1967 veciños, Sobradelo, con 292, e San Lourenzo de András con 191. En 1842, os veciños de András solicitan á Deputación a segregación para se unir ao Concello de Vilanova. O expedente de anexión comezou a tramitarse o 21 de maio de 1842 e á cabeza dos veciños de András estaba Antonio Piñeiro, mordomo pedáneo, sendo comisionado para esta tarefa Xoán Ramón Patiño, deputado provincial polo partido de Cambados. O 17 de decembro do mesmo ano, a Corporación da Deputación facía efetiva a incorporación de András ao Concello de Vilanova de Arousa con efectos desde o primeiro de xaneiro de 1843. Así foi. 

A partir deste ano, a andaina do Concello de Vilaxoán seguiu o seu curso normal mentres desde Vilagarcía arreciaban as chamadas para que se unira, acompañadas dunha campaña xornalística. Sobre esta unión comezouse a falar no ano 1909. A iniciativa saíu do que fora Deputado a Cortes e Ministro, Augusto González Besada, natural de Pontevedra.

En setembro dese mesmo ano, na finca que tiña en Poio o devandito político, xuntáronse os alcaldes dos tres concellos, Carril, Vilaxoán e Vilagarcia. Durante a reunión, o Sr. Besada comentoulles o siguiente: “ … que no es posible pedir ni obtener cosa de valía para estes ayuntamientos, entretanto por su unión no constituyesen una entidad grande; que recomendaba por ello y porque deseaba se le facultase el poder demostrar a estos pueblos un interés por éllos, el que se fuese cuanto antes a la anexión de los ayuntamientos de Carril, Villajuan y Villagarcia… ”. O 4 de outubro de 1911, o alcalde de Vilagarcia, Valeriano Deza García, convoca unha xuntanza no concello para falar da anexión, e comparecen o alcalde de Vilaxoán, Serafín Ameijeiras, e Ramón de la Fuente, alcalde de Carril e ademais os veciños de Vilagarcía Eugenio Salgado López, Eduardo Fernández e Francisco Padín Piñeiro e Juan Oubiña Iglesias, de Vilaxoán. Acordaron facer realidade a anexión das tres vilas e con esa intención crean unha comisión permanente cos tres secretarios dos devanditos concellos reflectindo na acta o siguiente: “… Siguiendo precedentes de lo practicado en casos análogos, la conformidad de la mayoría de los vecinos con el proyecto de anexión, se manifestará por medio de edictos anunciandolo en los tres pueblos y que tambien habrán de insertarse en el Boletín Oficial de la provincia dando un plazo de diez días durante el que los vecinos que no están conformes, lo manifiesten por escrito en las respectivas alcaldías…”. 

Tamén acordaron que na vindeira xuntanza se presentara un estudo moi detallado da situación económica dos tres municipios e dous meses despois, concretamente o 2 de decembro, nunha sesión plenaria do concello de Vilaxoán tómase o acordo de solicitar a anexión a Vilagarcia, acta que foi recibida polo alcalde desta última vila o 18 de decembro quen convoca un pleno extraordinario  para o día siguiente na que toman a palabra varios concelleiros entre os que cumpre subliñar a Padín, que dixo o siguiente en relación coas finanzas municipais dos tres concellos: “El Ayuntamiento de Villajuan es satisfactorio, porque si bien cubre su presupuesto ordinario de gastos con un repartimiento de unas siete mil pts., tiene hoy caja sobre ocho mil pts. Lo que demuestra que van en progresión y afianzándose los ingresos.

No puede decirse lo mismo del de Carril, que según nota de créditos facilitado por su Secretario parece que debe hasta unas cien mil pts…”. O Secretario do concello de Vilaxoán, Jesús Pajares, certifica o 17 de febreiro de 1912 que sobre a anexión non se formularan reclamacións entre os veciños unha vez transcurrido o prazo que de 30 días hábiles. Eles, a corporación toma o acordo de elevar o expediente á Deputación Provincial pregando a aprobación da anexión. 

Nembargantes, si se produciron unha morea de problemas como, por exemplo, o roubo dos libros de actas das sesións e tamén parece ser que houbo un cambio de actitude por parte da corporación, pero o certo é que o 31 de marzo de 1913 péchase unha etapa da historia de Vilaxoán cando definitivamente se produce a anexión. A derradeira corporación estaba formada polas persoas siguientes: Alcalde, Serafín Ameijeiras. Concelleiros, José Manuel Paz, Zoilo Trigo, José Rodríguez Fernández, Celestino Maquieira, Manuel Raimundez, Jesús Jueguen, José Ferro, Manuel Soto e Manuel Martínez. Secretario, Jesús Pajares. 

A Casa Consistorial atopábase na rúa do Preguntoiro ao carón dunha fábrica de salgadura propiedade de Zoilo Trigo na que hoxe atópase un edificio de recente construcción. 

A primeira vista, semella que o proceso de anexión foi un camiño de rosas pero ollando con moito detemento e con lupa diversa documentación de carácter oficial e estudiando o contexto político da época e aos mesmos protagonistas, un ten a impresión que se actuou dunha maneira caciquil seguíndoo dictado de certos potentados de Vilagarcia e Vilaxoán. Pero esta é outra historia que alguén a escribirá no seu día para narrar o que realmente aconteceu. 

Recollido do libro “Á beira do mar de Arousa” de Teo Cardalda F. 

 

About these ads
  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 151 segidores

%d bloggers like this: